Xinzo de Limia

Conta atrás para o ENTROIDO 2017

IMG_20161003_113815
IMG_20161003_113815

Un ano máis o Concello quere ofertar aos veciños e veciñas de Xinzo formar parte da comisión organizadora do Entroido 2017.

Despois da experiencia da organización do ano pasado , o Concello quere repetir a experiencia  e deixar que sexan os veciños e veciñas os que organicen as festas máis importantes das que se celebran en Xinzo ao longo do ano.