Xinzo de Limia

Lorena Quintas Rejo expón na Casa da Cultura

XOGO DE FÍOS contén cadrs de paisaxes, retratos etc, pero todo feito con fios.

 

IMG_9178

Dende o pasado día 4 de novembro ata finais de mes os cidadáns de Xinzo de Limia poderán desfrutar da exposición “Xogo de fíos”, da man de Lorena Quintas Rejo, na Casa da Cultura deste Concello.

IMG_9175Lorena Quintas, nada en Allariz e Diplomada en Empresariais pola Universidade de Vigo, forma parte da Xunta Directiva da Asociación de Mulleres con Discapacidade “Acadar”. A súa vista perdeuse de forma progresiva durante os últimos seis anos, e dende hai tres, Lorena dedica moitas horas da súa vida á realización de cadros de fío que tece mediante un único sentido: o tacto. Cun debuxo perfilado previamente, as súas mans conseguen dar vida a imaxes moi diversas, como paisaxes da zona, elementos decorativos, animais...

Unha actividade que comezou coma un hobbie, convértese agora no centro dunha serie de exposicións que a actual cidadá de Xunqueira de Ambía realiza por distintas zonas de Galicia, compatibilizadas coa impartición de talleres en colexios, asociacións ou entidades de diversa índole. Ademais, Lorena participa tamén como ponente en distintos foros e encontros centrados na incorporación ao mercado laboral de mulleres con discapacidade no rural.

 

Coñece máis en profundidade a Lorena Quintas e á súa arte en www.xogodefios.com