Xinzo de Limia

21 empresas optaban a remodelación da Avd. de Madrid

Hoxe abríronse as plicas coa proposta económica e técnica

Cun prezo de licitación máximo de 235.550 € /S/IVE e un prazo de execución de tres meses abríronse os sobres de licitación, na mesa pública para adxudicación da maior obra licitada polo concello nesta lexislatura.

Media hora antes a mesa de contratación abriu en sesión privada os sobres coa documentación administrativa  (Sobre A).

PRAZO PARA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA APROXIMADO DE TRES SEMANAS

Unha vez rematada a apertura e revisada a documentación administrativa, os membros da mesa puntuarán as propostas de todas as empresas participantes en un prazo aproximado de tres semanas farán a proposta definitiva da empresa que executará a obra, para a cal terá un prazo de execución de tres meses. 

 

DATOS MAIS SALIENTABLES

IMG_20190218_110142

Empresas concorrentes: 21

Proposta máis baixa: 155.476,78

Prazos de execución, dende 25 días a máis rápida ata 2 meses e 29 días (O máximo prazo era de 3 meses)

Garantías adicionais: Todas as empresa ofertaron 20 meses máis de garantía que o prego esixía.

Empresas EXCLUÍDAS: Unha vez feitas as medias e os porcentaxes dos pregos, 4 empresas quedaron excluídas por oferta fora de rango superior e unha por baixa temeraria. As empresas que ofertaron en baixa temeraria teñen un prazo de 5 días para  para xustificar a baixa.

Despois dese prazo a mesa fará as puntuacións das empresas restantes e fará a proposta de adxudicación definitiva.