Xinzo de Limia

Abriu as súas portas XINZOLANDIA 2019

As ANPAS dos CEIP xa levaron aos seus asociados no primeiro día

IMG_20191223_130201

Dende as 11:30 ata ás 13:30 e dende as 16:00 ás 20:00 permanecerán abertas as portas do pavillón de deportes de Xinzo que un ano máis acolle un pequeno parque de atraccións para os máis cativos.

PREZO DE 5 €, todo o día

IMG_20191223_130146Para acceder ás instalacións haberá que abonar a cantidade de 5 € por cativo para todo un día e os adultos acompañantes terán que aboar 2€, con dereito a unha consumición.

Xoaniña animación foi a empresa seleccionada polo concello para esta edición e conta con 5 ou 6 monitores, segundo a afluencia de público para atender os 5 inchables de grandes dimensións e a pista de cros, ademais de talleres de chapas, pintado de caras, tatuaxes e manicura.  Tamén contas con pinpon, futbolíns e videoxogos para os menos pequenos.

Xinzolandia estará aberta ata o 4 de  xaneiro, porque o día 5 utilizarase para a recepción dos reis de oriente.