Xinzo de Limia

Ao redor de 1.500 persoas asisten ao Memorial Toñito Maestro de fútbol base que se disputou na Moreira

memorial2
memorial2

O campo de fútbol da Moreira converteuse esta fin de semana no epicentro do deporte base na provincia de Ourense. As instalacións deportivas acolleron o Memorial Toñito Maestro, que reuniu a unhas 1.500 persoas para seguir de cerca as evolucións das promesas futbolísticas de equipos como o Real Club Celta e homenaxear a un veciño moi querido. O torneo desenrolouse durante o sábado e o domingo.

Na categoría alevín de primeiro ano a vitoria final foi para o Real Club Celta, que se impuxo na final a EDC Xinzo de Limia. O terceiro posto foi para o Pabellón e o cuarto para o Ourense CF. Na categoría alevín de segundo ano a canteira celeste repetiu triunfo, neste caso tras superar na final ao Pabellón CF de Ourense. A EDC Xinzo de Limia impúxose na final de consolación ao Ourense CF.

Xa na xornada do domingo, os afeccionados que se acercaron ata a Moreira disfrutaron co espectáculo ofrecido polos máis pequenos. Na categoría benxamín de primeiro ano o triunfo final no Memorial Toñito Maestro foi tamén para o RC Celta, que quedou por diante do Pabellón CF. No terceiro lugar finalizou a ED Xinzo e no cuarto a ED Barbadás. A hexemonía celeste rompeuna a UD Ourense, que se levou o trofeo na categoría de benxamín de segundo ano. No partido decisivo venceu ao Pabellón CF. O terceiro posto foi para o RC Celta e o cuarto para o Ourense CF.