Xinzo de Limia

Cambios de ubicación de dúas mesas electorais

Faramontaos e Piñeira Seca novos colexios electorais

Finalizada a sesión plenaria  extraordinaria para o  sorteo dos  membros das mesas electorais a alcaldesa Elvira Lama deu una rolda de prensa na que anunciou o cambio en dúas mesas electorais . O primeiro  é  que desaparece a mesa de Gudín e estará ubicado o novo colexio electoral en Faramontaos, a onde terán que acudir para exercer o seu voto os veciños e veciñas de Gudín, Faramontaos, Mosteiro de Novás, Novás As Queirugas e Faramontaos e ahora tamén  os de Seoane.

O outro cambio será que a mesa de Solveira pasará a estar en Piñeira Seca. A razón deste cambio non e outro que a situación en que se encontra o edificio de Solveira carente das mínimas comodidades, que si reúne o centro social de Piñeira Seca. Nesta mesa terán que exercer o seu voto os veciños de Porto Alto, Pidre, Solveira e Piñeira Seca.

TRANSPORTE INSTITUCICONAL

Quixo recordar que para todos aqueles que necesiten transporte para acudir aos colexios electorais, terán a disposición un transporte gratuito en horario  de mañá dás 9 ás 12 e pola tarde de 15 a 17 h.

Anima a alcaldesa a todos os veciños e veciñas a participar nesta xornada electoral para poder desbloquear a este país da situación na que se atopa despois  do intento fallido de formación de  goberno.

XORNADA PARA COIDADORES DE ENFERMOS DE ALZHÉIMER E DEMENCIA

                               O  día 23 deste mes de outubro,  comezará un curso para coidadores de persoas con alzhéimer e demencia. A xornada comezará ás 17:00 para formar os grupos de persoas coidadores denominado Paraugas do alzhéimer para dar cobertura e apoio psicolóxico, social e sanitario para estas persoas que moitas veces se convirten nos grandes dannificados. Este programa ponse en marcha coa colaboración da asociación AFAOR de Ourense. Esperamos que sexan moitas as persoas que acudan a esta xornada explicativa de como vai a funcionar o propio programa.

Para rematar a conparecenza anunciou para o día 25 ás 19:30  unha charla  informativa de axuda a todos os retornados de Alemania en cuanto ás obrigas coa facenda pública española e a alemana, así como os seus dereitos en canto as prestacións a que teñen dereito.