Comeza un obradoiro de emprego en Xinzo

Impartirase formación de Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Prevención de Riscos Laborais, Iniciación a Informática e orientación laboral

Comeza un obradoiro de emprego en Xinzo

Ás 11:00 de hoxe  venres,  no salón de plenos do Concello de Xinzo, tivo lugar a presentación do obradoiro de emprego 2018 que xunto co de Baltar  formará a 15 persoas combinando a formación profesional  e a práctica laboral.

O obradoiro comprenderá dúas especialidades, a de albanelería e xardinería. Os alumnos que rematen satisfactoriamente terán a cualificación profesional de nivel 2, certificado acreditativo  para a obtención do correspondente certificado de profesionalidade.

Parque do Toural e parque  Ponte de Lima

IMG-20181109-WA0002As actuacións dos alumnos do obradoiro  realizarán traballos nos dous parque. No do Toural actuarán na zona norte colocando bancos de mampostería e elementos de pedra a modo de limitación así como de rexeneración de zonas verdes coa plantación de árbores autóctonos e plantas ornamentais. Tamén se actuará nas zonas de paseo e víaas.

No parque Ponte de Lima, realizarán unha instalación de rego automático, e actuacións no paseo central plantando tamén especies vexetais, remoendo a zona verde.

Ademais da formación específica, impartiranlle aos alumnos formación complementaria en temas de Sensibilización en Igualdade de Xénero, Sensibilización Ambiental, Prevención de Riscos Laborais, Iniciación a Informática e orientación laboral.

O presuposto total de todo o obradoiro será de 222.605 €,  subvencionados nun 100% pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.