Xinzo de Limia

O Concello adquire 10.000 prendas de protección para todo o persoal sanitario e de axuda a domicilio de Xinzo

O Concello de Xinzo tomou a iniciativa para atallar a escaseza de material coa que está a traballar o persoal sanitario do Centro de Saúde e o PAC de Xinzo comprando 10.000 prendas de protección, que tamén garantirá e reforzará a seguridade das traballadoras do Servizo de Atención a Domicilio.

Parte do material adquirido polo Concello de Xinzo: en total, 10.000 prendas de protección.
Parte do material adquirido polo Concello de Xinzo: en total, 10.000 prendas de protección.

O Concello de Xinzo acaba de adquirir preto de 10.000 prendas de protección para uso do seu persoal de Servizos Sociais, especificamente para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, e para doar a todo ao persoal sanitario do Centro de Saúde de Xinzo e o Servizo de Urxencias do PAC, que atende as urxencias dos centros de saúde de 9 concellos. 

Canso de esperar as achegas de outras administracións, o goberno local decidiu tomar a iniciativa adquirindo o material cos seus propios recursos, tamén para o persoal sanitario do Centro de Saúde e do PAC. 

Con esta doazón, o Concello palía a escaseza de material coa que os profesionais da sanidade están abordando o día da día desta crise, dado que en ocasións estaban a empregar incluso bolsas de vasoira para a súa protección.

Asemade, garante e reforza a seguridade das traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, que tamén están realizando unha labor esencial, asistindo especialmente ás persoas máis vulnerables.

A adquisición de tan importante cantidade de material, que se detalla a continuación, concretouse tras varias xestións da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, con diferentes provedores y culminou coa entrega de todas as prendas, que están xa en poder do Concello e parte delas foron entregadas. 

As adquisicións foron as seguintes:

            -    1.400 batas cirúrxicas, 3.000 mandís de plástico, 2.000 gorros, 1.000 cobre-mangas, 2.000 cobre-zapatos.

Hoxe comezou o reparto que, de momento, realizouse da seguinte maneira e que continuará a través de sucesivas entregas:

Para as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio (Unidades por persoa):

-    10 batas cirúrxicas, 100 gorros, 100 calzas, 50 manguitos.

As doazóns ao Centro de Saúde foron as seguintes:

-       200 batas cirúrxicas, 20 fundas antisalpicaduras, 300 gorros, 300 calzas, 300 manguitos, 300 cobremangas.