Xinzo de Limia

O CONCELLO APROBA A LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA DO 2016 CUN SUPERÁVIT DE 591.259 €

A 31 de decembro  tiña una débeda con provedores de tan solo 407.798,33 €

IMG_3557

No pleno do 10 de marzo o pleno recibiu o comunicado da intervención do concello da conta de Liquidación dos presupostos do 2016 cun resultado positivo de mais de medio millón de euros, sendo tan so as débedas a 31 de decembro con provedores de pouco mais de catrocentos mil.

REDUCIÓN DE DÉBEDA EN TRES ANOS EN MAIS DE DOUS MILLÓNS SEISCENTOS MIL EUROS.

Tan so fai 3 anos a débeda con provedores era de mais de tres millóns de euros. Dende o ano 2017, fai nove anos, o concello non pechaba os seus presupostos en positivo. Esta situación económica pon ao concello nunha situación de solvencia suficiente para afrontar as obrigacións económicas anuais sen ningún problema.

PAGOS EN 19 DIAS

Neste mes de marzo a consistorial de Xinzo está pagando as debedes cos seus provedores nun prazo de 19 días, non tendo mais facturas pendentes cos seus provedores que con Gas Natural-Fenosa, co que mantén un contencioso, por una reclamación de pagos feitos que segundo a auditoría enerxética da un resultado positivo de mais de trescentos mil euros a favor das arcas municipais. Na conciliación xudicial solicitada polo concello, a empresa eléctrica non se presentou.