Xinzo de Limia

O Concello cede unha aula da Casa da Cultura para a inserción laboral de persoas con discapacidade

Elvira Lama, Rafa Penabad e Anxo Queiruga, durante a firmado convenio.
Elvira Lama, Rafa Penabad e Anxo Queiruga, durante a firmado convenio.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo cal o Concello de Xinzo cederá gratuitamente  unha aula da Casa da Cultura para a realización de entrevistas a persoas con discapacidade para facilitar a súa inserción laboral.

As entrevistas realizaranse a partir da firma deste convenio todos os xoves, na aula Carlos Casares da Casa da Cultura, entre as 9:00 e as 14:00 horas, durante os próximos 4 anos.

Cogami, que ostenta a condición de centro colaborador da Servizo Público de Emprego de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. Ten como misión conseguir a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

A entidade desenvolve un programa  de formación adaptado ás necesidades e capacidades de persoas con discapacidade, organizando cursos e accións formativas que inciden na súa empregabilidade.