Xinzo de Limia

O Concello conxúrase cos produtores de pataca para resolver dunha vez os problemas que teñen para regar

A alcaldesa encoméndalle a Amador Díaz, concelleiro e produtor, que explore xunto co resto de colleiteiros as mellores solucións a corto e a medio prazo. Ambos abrirán unha segunda fronte institucional para negociar coas admistracións implicadas, reuníndose xa co Ministerio de Agricultura e a Confederación do Miño-Sil.

WhatsApp Image 2020-07-09 at 10.18.26-2
Os produtores que asistiron á reunión co goberno local e o subdelegado do Goberno.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, xunto aos concelleiros de Medio Rural e Obras, Amador Díaz e Ramón Gómez, e ao subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, mantiveron esta mañá unha ampla y extensa reunión con representantes dos produtores de pataca, principalmente da zona de Lamas e Ganade.

O motivo da reunión era abordar de forma inmediata unha solución transitoria que lle permita seguir regando sen expoñerse a sancións económicas e outra definitiva, xa a medio prazo, para un plan de regadío que resolva, dunha vez por todas, un problema histórico deste colectivo.

A reunión prodúcese despois de que os concelleiros de Medio Rural e Obras mantivesen onte en Silleda un breve e informal primeiro encontro co ministro de Agricultura, Luís Planas, aproveitando a súa presencia para participar nun acto electoral, e que culminará cunha reunión institucional no propio ministerio, á que xa asistirá a alcaldesa, Elvira Lama.

Pero a primeira reunión que se acordou hoxe será xa a próxima semana co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para estudar as posibilidades dunha moratoria para a extracción de auga do río Limia para regar.

A goberno local pretende resolver dunha vez un problema enquistado desde fai anos, sen que ningún dos gobernos anteriores fora quen de facelo.  

E para elo a alcaldesa, Elvira Lama, encomendoulle na mesma reunión a Amador Díaz, un profundo coñecedor do sector e das demandas dos produtores, dos que é o seu presidente, que se ocupe de explorar e atopar solucións definitivas para esta situación, pois é evidente que os produtores precisan regar para sacar adiante as súas colleitas.

Elvira Lama cree neste sentido que xa é hora de que este tema quede arranxado para sempre, polo que confía en que Amador Díaz, na súa dobre condición de concelleiro de Medio Rural, con todas as competencias neste ámbito, e ademais presidente dos produtores, consiga poñelos a todos de acordo entorno as mellores solucións posibles. En paralelo, a alcaldesa anunciou tamén unha segunda fronte institucional de negociación coas administracións implicadas, no que a alcaldesa, xunto a Amador Díaz, tamén se implicará persoalmente.

“Para este goberno será unha prioridade atopar unha solución definitiva a este problema. E creo que temos os mellores mimbres para facelo, pois nunca antes un produtor estivera ao fronte da concellaría de Medio Rural, nin este Concello tivera nunca un concelleiro no goberno que coñecera tan profundamente os problemas do colectivo”, explica Elvira Lama.