Xinzo de Limia

O Concello mobiliza 60 portátiles para que o alumnado que careza deles faga as tarefas escolares online

Elvira Lama, entre o responsable da Policía Municipal e outro funcionario, cos ordenadores doados.
Elvira Lama, entre o responsable da Policía Municipal e outro funcionario, cos ordenadores doados.

O Concello de Xinzo porá a disposición dos escolares do municipio 20 ordenadores portátiles doados por una empresa de Ourense, PrimuxTech. A doazón foi xestionada directamente pola alcaldesa, Elvira Lama, ante o temor de que puidera haber estudantes que carecesen deles nas súas casas para a realización das tarefas que lle remiten os centros. Lama agradeceu aos responsables da firma, que tamén costearon os portes, o seu xesto de solidariedade.

A estes 20 ordenadores hai que sumar outros 40 que cederá temporalmente o CEIP Rosalía de Castro para uso dos escolares do resto de centros, polo que en total serán mobilizados 60 portátiles.

O Concello de Xinzo levará a cabo a distribución das computadoras atendendo ao criterio e as directrices dos catro centro educativos da vila e do Conservatorio, por ser os que mellor coñecen a situación e as necesidades do alumnado, para o que a alcaldesa xa se puxo en contacto co persoal directivo de todos eles.

Froito destas conversas, tamén recibiu o ofrecemento do CEIP Rosalía de Castro de ceder 40 ordenadores ao alumnado do resto de centros por ter cubertas as necesidades deste tipo de material por parte dos seus.

O Concello mobilizará, polo tanto, 60 portátiles, entre os doados pola empresa PrimuxTech e os cedidos temporalmente polo CEIP Rosalía de Castro, que entregará a domicilio aos alumnos que os precisen, sempre baixo o estrito criterio e supervisión do profesorado de cada centro