Xinzo de Limia

O Concello non cobrará polas terrazas este ano nin tampouco licenzas de apertura de novos negocios ata setembro de 2021

2020080622422558570
Imaxen do pleno de onte publicada por Dende A Limia.

O Concello de Xinzo acordou no se último pleno no cobrar este ano a taxa de terrazas á hostalería local, nin tampouco as licenzas de apertura de novos negocios ata setembro de 2021. Con ambas modificacións das ordenanzas fiscais, o goberno local pretende axuda a dous sectores moi importantes dentro da economía local e que afrontan momentos de dificultade.

Ademais, o pleno tamén aprobou 7 proxectos para substituir 4.610 luces públicas por luminarias leds, o que mellorará a eficiencia enerxética do alumeado público e producirá un aforro do 70% na factura eléctrica municipal.

Aquí podes ver cómo recollen os medios o aprobado na sesión plenaria:

https://www.laregion.es/articulo/a-limia/xinzo-cobrara-tasa-apertura-nuevos-negocios/20200806220505965244.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/xinzo-de-limia/2020/08/07/xinzo-suspende-tasas-terrazas-licencia-apertura/0003_202008O7C4994.htm

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/revisar-nin-rematar/20200806154749022409.html