Xinzo de Limia

O concello de Xinzo acondiciona as beirarrúas do grupo San Sebastián

Unha obra moi demandada polos veciños dado o estado de abandono que durante moitos anos sufriu esta zona
IMG_20200116_183940

. “As obras de acondicionamento das beirarrúas do grupo San Sebastián van ser unha realidade nos próximos días, xa que o inicio das obras é inminente e o prazo de execución de un mes. Esta obra que renovará totalmente as beirarrúas de ámbolos dous pavillóns de vivendas conta cun orzamento de 40.000€ e vai ser financiada pola Deputación de Ourense”, di a alcaldesa Elvira Lama.

Unha obra tan necesaria como longamente demandada polos veciños e veciñas desta zona da vila, dado que nunca se fixo obra de renovación algunha nos últimos anos. O estado de abandono e desleixo deste grupo de vivenda no seu entorno, levou a establecer esta obra como unha prioridade do novo equipo de goberno.

IMG_20200116_113903-3A actuación que agora se contempla renovará as beirarrúas que rodean ámbolos dous pavillóns de vivendas, ademais da mellora e acondicionamento da capa de asfalto onde quedaran habilitadas as prazas de aparcamento e estacionamento para vehículos... Do mesmo xeito retirarase un muro de bloque dando maior amplitude para estacionar pero tamén maior seguridade aos viandantes.

Dende o Concello abordarán con medios propios a sinalización e acondicionamento das zonas verdes, e da zona de xogos infantil, dotando o perímetro do valado correspondente, así como a renovación de elementos de mobiliario urbano.

O proxecto anterior anunciado polo grupo de goberno saínte, prometendo en varias fases esta actuación, quedou nunha sinxela colocación dun aparato de xogos no medio dun areal, ás presas no último mes de mandato.

“A remodelación deste espazo, a dotación e sinalización das prazas de aparcamento, así como a colocación de novo mobiliario, axardinamento e zona de ocio infantil será unha modernización para este barrio da vila”, di a alcaldesa.