Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo atende unha petición da asociación Limisi

Instalará en breve dispositivos sonoros en varios cruces semafóricos

IMG_6280-1

Tras petición da Asociación Limisi, o Concello de Xinzo de Limia instalará doce dispositivos sonoros nos semáforos dos cruces principais da nosa vila, facilitando a mobilidade das persoas invidentes.

Desta maneira facilitarase o cruzamento polos pasos de peóns as persoas invidentes  para garantir da máxima maneira posible a súa seguridade.

Tamén se rebaixarán as beirarrúas que aínda non o teñen feito para a mellor mobilidade das persoas discapacitadas.