Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo entregou os premios dos primeiros torneos virtuais de videoxogos que organiza a 16 participantes

premiados
premiados

Tamén os torneos de videoxogos tiveron que adaptarse aos tempos de pandemia. Por streaming retransmitíronse as partidas das competicións virtuais de FIFA e Fortnite que organizou por primeira vez o Concello de Xinzo e que resultaron todo un éxito con máis de 500 prazas ofertadas. Un total de 16 participantes conseguiron un premio que se lles entregou nun acto celebrado no salón de plenos da casa consistorial. Durante catro sábados, e a través dunha plataforma de organización de torneos, Xinzo de Limia adentrouse neste tipo de competición que xa se está pensando e repetir, incluso de forma presencial se a pandemia o permite.

Os primeiros clasificados en cada un dos torneos recibiron os seus premios. Na competición de Fortnite os participantes que quedaron en primeiro, segundo e terceiro posto foron Daniel, Javier e o xogador que participou co apodo de Martaoro1, respectivamente. Tamén resultou premiado no cuarto posto Martín, mentres que os quintos premios foron para Juan, Lucas, Eiden e Bruno.

No caso do torneo do popular xogo de simulación de partidos de fútbol FIFA, o primeiro premio foi para David Trigo; o segundo posto conseguiuno Jose Ángel Sotelo e o terceiro David Figueiredo. O xogador co apodo de Caamaño quedou en cuarta posición, mentres que os quintos postos foron para Camaleon, Jerai Limia, Jorge e Daniel.