Xinzo de Limia

A Confederación comezou a limpeza do río

Dende o Concello queren avisar aos veciños e veciñas que extremen as medidas de seguridade si van a transitar polas pistas as beiras do río
IMG-20191218-WA0020

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil comezou hoxe a limpeza e desbroce das beiras do río Limia ao seu paso pola nosa vila. Dende o Concello queren avisar a todos os veciños e veciñas que vaian a transitar polas pistas ao longo do río para que extremen a precaución non solo pola maquinaria, se non porque a última hora poden quedar algunhas ramas sen recoller.

ALERTA POLA CRECIDA DO RÍO E CANLES

catsTamén dende a concellería de Medio rural queren alertar aos cidadáns que se continúan as chuvias , como está previsto, se teña a máxima precaución, sobre todo as vivendas, granxas e calquera outra edificación a carón do río Limia ou dos regatos porque, segundo avisan da propia Confederación poden desbordarse.

As concellerías responsables avisan que presten atención as redes sociais por si fose necesario avisar de calquera situación grave.