Xinzo de Limia

Convocatoria pleno Extraordinario e Urxente

De Organización da nova corporación

Luns 24 ás 20:00

Instantánea - 388
Foto arquivo

Elvira Lama, Presidenta do Pleno da Corporación de Xinzo de Limia fai a súa primeira convocatoria despois de haber sido proclamada alcaldesa do Concello.

A sesión convocada terá o caracter de extraordinaria e urxente co motivo de “Organización da nova corporación”.

A maioría dos puntos da orde do día son escritos e decretos da nova presidenta sobre a composición das comisións, a xunta local, os nomeamentos dos tenentes de alcalde, etc.

Unha das novidades que vai a propoñer ao pleno, segundo manifestou a alcaldesa é o cambio do horario dás sesións de plenos ordinarias que pasarán a celebrarse ás 19:00, aínda que mantendo a periodicidade de dous meses.

Outra das propostas que van a este pleno serán as dietas dos cencelleiros e a incorporación ao pleno dun grupo mixto, que non existía na anterior corporación.

CONVOCATORIA E ORDE DO DÍA