Xinzo de Limia

D. Cándido Fernández García xa ten o recoñecemento do Ministerio de Xusticia

Coa declaración ao seu favor de “Reparación e Recoñecemento persoal” asinada pola Ministra Dolores Delgado

O Concello acaba de recibir o recoñecemento que no seu día solicitara ao Ministerio como primeiro paso para honrar ao que fora concelleiro socialista e tenente de alcalde do noso Concello que fora detido o 9 de agosto do 1936 e posteriormente asasinado ao día seguinte a cinco quilómetros de Vilar de Barrio polo  goberno franquista despois de ser perseguido e torturado polas súas ideas políticas e ideolóxicas.

Isto queda acreditado no documento recibido no Concello esta semana.

MOCIÓN DO GRUPO SOCIALISTA

O pasado 20 de febreiro o grupo socialista presentou unha moción ao pleno “PARA A REPARACIÓN E  O RECOÑECEMENTO PERSOAL DE CÁNDIDO FERNÁNDEZ GARCÍA E DE TÓDALAS VÍTIMAS DA GUERRA CIVIL E DO FRANQUISMO”

RECOÑECEMENTO cÁNDIDO fERNÁNDEZA moción que foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos requiría deste documento, agora en posesión do Concello, para continuar cos actos solicitados na propia moción Recoñecer publicamente a memoria das vítimas da represión franquista mediante monumento, placa, mención no rueiro ou outro signo físico situado na rúa e sinalar e delimitar a fosa común que existe no Cemiterio de titularidade municipal de Xinzo de Limia.

Nas próximas semanas o grupo de goberno anunciará a maneira de levar a cabo este recoñecemento, tal e como foi aprobado no plenario da corporación.