Xinzo de Limia

Dezaseis traballadores do Concello xubilaranse neste mandato mentres o executivo avanza na elaboración da RPT

entrega
entrega

O Concello de Xinzo de Limia recoñeceu a dedicación dos traballadores e traballadoras desta Administración local que se retiraron dende o ano 2019 cunha emotiva homenaxe na que foron obsequiados cunha placa que leva gravada unha mensaxe de agradecemento. O acto institucional celebrouse esta mediodía no salón de plenos da Casa Consistorial, onde un total de nove profesionais recibiron todo cariño dos seus compañeiros. Tamén estaba previsto celebrar un xantar nun restaurante do municipio.

Segundo os datos que manexa o executivo local, un total de dezaseis persoas xubilaranse ao longo deste mandato. Serían sete máis nos próximos meses que se sumarían aos nove empregados que recibiron hoxe a homenaxe.

O goberno local de Xinzo de Limia avanza na elaboración da Relación de Postos de Traballo e tal e como informou a alcaldesa, Elvira Lama, estase a traballar nas fichas de cada posto e nas categorías profesionais. Trátase, en definitiva, de acabar coa conflitividade e alcanzar a estabilidade laboral para todo o persoal, polo que o executivo está a poñer todo o seu esforzo.

Cómpre recordar que na Administración local existe unha taxa moi elevada de persoal indefinido. Actualmente, o Concello conta con 23 funcionarios e 96 traballadores dentro do apartado de persoal laboral, fixo e indefinido. O número de efectivos de persoal laboral nalgúns dos servizos é insuficiente.