Xinzo de Limia

O día do Cooperativismo Galego 2019 celebrarase en Xinzo

No salón de actos da Casa da Cultura

Como cada ano, a Secretaría Xeral de Emprego chama a todas as persoas que forman parte da familia cooperativa á celebración do «Día do cooperativismo galego» que terá lugar o primeiro sábado de xullo.

No acto farase entrega dos Premios á Cooperación 2019 e dos Premios a Proxectos Empresariais Cooperativos, dentro do Certame de Cooperativismo no Ensino 2019, e contarase co espectáculo da compañía Sincronacidas e o concerto de A banda da Loba.

Este anos os Premios á Cooperación recaen en dúas cooperativas de Espazocoop: Panxea S. Coop. Galega e Rayados S. Coop. Galega, ademais de na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S. Coop. Galega.

Quérese facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas e a todas as persoas que traballan prol do cooperativismo.

Podedes inscribirvos ou atopar información máis detallada da xornada na web: https://www.cooperativismogalego.com/programa