Xinzo de Limia

Un dispositivo especial de Policía Local e Garda Civil denunciará e sancionará a quen incumpra as restricións sanitarias

A alcaldesa de Xinzo e o concelleiro de Tráfico coordinaron con ambos corpos de seguridade a intensificación de controis esta fin de semana.

 

Reunión Policía Local dispositivo Entroido
Os policías locais de Xinzo, na reunión coa alcaldesa e o concelleiro de Tráfico.

Pedindo a colaboración e complicidade cidadán ante a crítica situación sanitaria, pero tamén intensificando e endurecendo a vixilancia e o control policial. Así afronta Xinzo a fin de semana na que debería de comezar o ciclo do entroido. Para elo, a alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Mobilidade e Trafico, Ramón Gómez, mantiveron onte reunións tanto coa Policía Local como coa Garda Civil, ao máximo nivel e tamén cos axentes, para acordar un incremento da presenza e a presión policial co obxectivo de acadar o máximo nivel de cumprimento das restricións vixentes.

“Nunha fin de semana na que debería dar comezo o ciclo do Entroido mais longo de España é mais necesario que nunca respecto ás normas e recomendacións sanitarias que rexen neste momento para poder así celebrar no 2022, si é posible, o Entroido que nos gustaría”, explica Lama Fernández.

Na reunión de hoxe, acordouse establecer controis e vixilancia especial, tanto para o sábado como para domingo, por parte de ambos corpos de seguridade, cun maior numero de efectivos do que é habitual e coa instrución de denunciar e sancionar a todas as persoas que incumpran.

“Xa non estamos no momento das advertencias si queremos rebaixar a incidencia no Concello. Estamos nun momento moi critico, no que o número de casos non deixa de medrar. Dende o pasado venres, os positivos aumentaron en 87 novos casos, numero que supera o total de casos (83) que tivermos no pico máximo de novembro, que tardamos mais dun mes en baixar. A situación epidemiolóxica é moi grave para o noso concello e todos e todas debemos ser responsables para revertela”, insiste a alcaldesa, que lembra están prohibidas as reunións fora do núcleo familiar, do que so debemos saír por motivos taxados:  laboral, educativo, sanitario ou de acompañamento a persoas maiores, menores, ou dependentes”.

Os axentes tamén prestarán especial atención ás reunións que se podan producir na vila. O peche da hostaleira dende o pasado xoves permite só o servizo para levar ou o reparto a domicilio, por tanto, non se pode consumir en espazos públicos, diante dos negocios e menos si son grupos de catro non conviventes. “Hai que evitar a interacción social”, afirma Elvira Lama.

Do mesmo xeito, estarán pendentes das reunións en espazos de uso público, tanto o aire libre como en espazos pechados, que só están permitidas entre persoas conviventes, salvo as permitidas por motivos laborais, institucionais, empresariais, profesionais e sindicais, actividades en centros educativos e de formación, así como a reunión de non conviventes por motivos asistenciais de acompañamento e coidado de maiores, menores ou dependentes.

Un aspecto mais que será obxecto do control policial durante os próximos días será o uso obrigatorio e correcto de mascarillas, tanto en espazos públicos ao aire libre como en espazos pechados, pois o seu uso axeitado é a única barreira da que dispoñemos para non contaxiar e non ser contaxiados.

Os responsables locais esperan un comportamento exemplar da cidadanía durante os próximos días e agradecen a toda a poboación a súa colaboración nunhas datas nas que todos quixeramos estar nas rúas, pero que “este ano non toca”, sentencia Lama Fernández, “pois non hai nada máis importante que a nosa saúde, que é o que agora está en grave risco”.