Xinzo de Limia

Elvira Lama reúnese cos veciños do entorno da Moreira

A reunión foille solicitada  a semana pasada

IMG-20200128-WA0013

Esta mañá unha comisión de veciños do entorno das instalacións da Moreira reuníronse coa alcaldesa e co  concelleiro de Obras para trasladarlle o seu malestar pola situación en que se encontran as pistas que circundan as instalacións, ás que acoden diariamente case un cento de rapaces, aumentando os sábados e domingos.

NUN MES TRES ACCIDENTES

O motivo da reunión  esbozado  na primeira visita é a preocupación pola falta de sinalización dos cruces e o exceso de velocidade dos condutores nesas pistas.  Para elo solicitan con urxencia a toma de medidas de cara a non ter que lamentar outro accidente máis.

VARIOS PROXECTOS REDACTADOS XA

Elvira Lama tomou a palabra para informar aos veciños, aos que entende perfectamente, dunha serie de proxectos que xa están redactados para levar a cabo nas inmediacións das instalacións deportivas, e que en breve presentará as diferentes administracións e si non se consegue financiamento, haberá que ver somo se solucionan cos presupostos municipais.

Os asistentes manifestaron que iso estaba moi ben, pero que o que eles solicitan son medidas urxentes cos medios que poida ter agora xa o Concello e coas posibilidades que as normativas o permitan. Propuxeron que a maior brevidade se reúnan “insitu” con eles o concelleiro, brigada e policía local para ver que posibilidades hai de facer uns pasos elevados en principio ata que os proxectos vaian adiante.

REUNIÓN MAÑÁ POLA MAÑÁ

A proposta dos veciños foi aceptada pola alcaldesa e mañá mesmo se reuniran nos “puntos negros”, veciños e persoal do concello para ver a viabilidade das súas propostas.