Xinzo de Limia

A fachada do Concello de Xinzo mudará de cor esta noite

Para conmemorar o día Internacional das enfermidades raras

87905419_661835041227746_8285673924725833728_o

Con motivo do Día mundial das enfermidades raras, iluminouse  o Concello de cor azul. Cada ano o último día de febreiro está dedicado a este tipo de enfermidades, para recordar que se necesitan diagnósticos rápidos, tratamentos eficaces e moita máis investigación. O concello de Xinzo quere amosar deste xeito a solidariedade coas persoas afectadas por algunha destas enfermidades, e o mesmo tempo “visibilizar” e sensibilizar a poboación na comprensión cara estes pacientes con este tipo de doenzas!

No marco do Día Mundial das Enfermidades Raras, este ano 29 de febreiro, e coincidindo coa celebración do seu 20 aniversario, a Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) lanzou a campaña `Crecer contigo, a nosa esperanza´ . Unha iniciativa que pon o foco nos tres eixos que marcarán o 2020: investigación, transformación social e servizos.

 

cartel-campaña1