Xinzo de Limia

O grupo de Goberno de Xinzo rexeita os enfrontamentos producidos o pasado dia 14 en plena feira entre dous colectivos.

O grupo de goberno quere expresar o profundo malestar e o rexeitamento ante condutas incívicas acaecidas o dia da feira mais grande do ano, condutas impropias de quen di defender o sector agrogandeiro desta comarca.

A defensa dun recurso elemental e básico para todos e todas como é a auga non pode ser unha discrepancia,  nin motivo de disputa,  mais ben debe ser unha liña vermella que ninguén poda poñer en risco o seu antollo. A problemática medio ambiental deste Concello e tamén do resto dos concellos das comarca da Alta e Baixa Limia, deber ser aborda sen mais demora, por parte de tódolos sectores implicados na defensa lexitima dos seus intereses.

O sector agrogandeiro como piar fundamental da economía da comarca debe ser o primeiro en demandar solucións e normativa clara e axitada na defensa das súas explotación e na mellora da calidade dos seus produtos, algo que pasa en primeiro lugar por recoñecer un problema na xestión dos residuos.

Este goberno quere afrontar o reto de buscar solucións que permitan a convivencia das explotacións respectando o medio ambiente de forma sostible,  como xa se esta facendo noutras comarcas galegas, noutras comunidades autónomas e noutros países. Nesta liña de preocupación xa mantemos contactos o mais alto nivel, na procura de solucións alternativas e  que mesmo pode converterse en xeración de emprego e fonte de riqueza si somos capaces de transformar os residuos en materia produtiva,   en forma de  enerxía,  composte, fertilizantes específicos ou subprodutos de alto valor engadido.

Dende o Concello de Xinzo facemos un chamamento o dialogo, o entendemento, e o respecto, do mesmo xeito que solicitamos a convocatoria urxente da Mesa da Limia, para abordar sen mais dilación a problemática  medioambiental da comarca Limia, e a mellora da calidade das augas,  cuestións ambas que non pode nin debe alterar a convivencia  pacifica entre veciños e veciñas.