Xinzo de Limia

INCORPORAMOS UNHA ASISTENTE VIRTUAL QUE RESOLVE DÚBIDAS SOBRE O COVID-19 COA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

27
Carina, a asistente virtual que resolve dúbidas sobre o coronavirus

A páxina web do Concello de Xinzo acaba de incorporar unha asistente virtual, chamada Carina, para resolver dúbidas sobre o COVID-19. Este chatbot pode atoparse na páxina web nada mais abrila (http://www.xinzodelimia.gal/).

Carina está desenrolado pola empresa 1MillonBot, a través de intelixencia artificial, ofrecendo atención as 24 horas do día e respondendo ás preguntas dos usuarios. Responde tódalas preguntas básicas e moitas especializadas: contaxio, síntomas, prevención e medidas derivadas do Estado de Alarma decretado polo Goberno.

Detrás de 'Carina' hai un grupo multidisciplinar de expertos de 1MillionBot, dirixido pola doutora  Raquel Pomares (bióloga) y con especialistas en diferentes áreas de coñecemento (biólogos, lingüistas, sociólogos, enxeñeiros).  

O chatbot extrae toda a información que facilita de fontes oficiais, como a Organización Mundial da Saúde, o Ministerio de Sanidade e das normativas gobernamentais, Center For Disease, Control and Prevention e artigos científicos. Adicionalmente, enriquecese coa información de artigos de prensa previamente contrastada. 

Dende o Concello de Xinzo consideramos que pode ser unha ferramenta útil para a cidadanía, que resolve as dúbidas básicas que todos estamos a ter. 

Esperamos que sexa de utilidade.