Xinzo de Limia

Lama pide reforzos policiais para evitar botellóns e aglomeracións no ocio nocturno e advirte de sancións a un par de locais denunciados pola veciñanza

Nesta pandemia, máis que nunca, quedou demostrado que a irresponsabilidade duns poucos pode afectar moi negativamente ao benestar da maioría. Así, desde fai días Xinzo está a rexistrar un incremento de casos diario, o que motiva que a partir do sábado pase ao nivel medio de restricións, que hoxe se sitúa no medio centenar cando o día 7 do mes pasado tiña 3 casos e incluso rematou o mes de xuño con 0 casos. Como exemplo, sirva o dato de que o 30 de xuño tiña 0 casos e o 31 de xullo, 50.

Para frear esta tendencia, e alertado polos veciños da rúa Curros Enríquez e Praza de Oriente, ademais de pola Policía Local, o Concello pediu hoxe reforzos policiais para rematar cos botellóns nestes dous lugares, onde fotos e vídeos evidencian o incumprimento reiterado das normas sanitarias pola noite, incumprindo horarios e poñendo en perigo a saúde de moitos.

Co fin de cortar de raíz este problema e despois de recibir as queixas de xeito verbal e por escrito de algúns afectados, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, vén de solicitar reforzos de efectivos da Garda Civil á Subdelegación de Goberno para evitar os botellóns nas rúas e as aglomeracións.

Trátase, en definitiva, de mellorar as labores de control nas noites dos venres e sábado de agosto nun momento no que a incidencia do covid-19 no municipio é preocupante e o sábado entrarán en vigor as novas restricións para poder deter os contaxios, toda vez que a vila entra no nivel medio de restricións.

Máis en concreto, foron veciños das inmediacións de varios locais de hostalería emprazados na rúa Curros Enríquez e na praza de Oriente os que puxeron en coñecemento da rexedora os feitos. Manifestouse o quebrantamento reiterado das normas sanitarias por mor do consumo de alcohol nas rúas nos arredores destes establecementos, formando botellóns e aglomeracións que exceden o máximo legal permitido, sen distancia de seguridade, nin máscara. Ademais, é frecuente o depósito de lixo (cascos, vasos e latas)  nos espazos públicos,  imposibilitando o descanso dos veciños.

Con estes antecedentes, e ante a escaseza de efectivos po parte da Policía Local, Elvira Lama  solicita que a Subdelegación do Goberno colabore nas labores de control. Previamente, dirixiuse tamén por escrito aos locais de hostalería sinalados advertíndolle da instrución dos correspondentes expedientes sancionadores no caso de que a situación continúe.

A todo isto se suma que no mes de agosto se celebrarán en Xinzo de Limia diferentes eventos que, se ben redundarán na economía local, esixen que se extremen as medidas de seguridade para evitar os contaxios, como son o Esquecemento, aínda que nunha versión reducida, a feira do comercio ou a feira da pataca e a maquinaria agrícola a primeiros de setembro.