Xinzo de Limia

Mañá sábado día 8 abren as piscinas públicas a tempada de verán

Ata o remate do curso escolar o horario pola semana será dás 16 ás 20:30 h.

Mañá sábado, día 8 de Xuño ás 16h abren as suas portas as piscinas exteriores do Concello de Xinzo de Limia, inaugurándose así a tempada de baño estival dentro da primeira quincena de Xuño tal e como viña sendo habitual nos últimos anos neste Concello.

Nestes días estivéronse preparando e acondicionando tanto os vasos de baño e as zonas de toallas e vestiarios das instalacións tanto por operarios municipais como pola empresa adxudicataria Saudeter

Durante a vindeira semana seguirase co acondicionamento das pistas deportivas exteriores existentes dentro do mismo complexo (baloncesto, tenis, voley-praia, etc…) colocando novo material (redes, canastas) limpiando as pistas e colocando iluminación para permitir o seu uso de noite.

Os horarios inicialmente previstos ata o remate do curso escolar (21/06/19) serían de luns a venres de 16:00h  a 20:30 h e sábados e domingos de 12:00 h a 20:30h; e a partir do día 22/06/19 de luns a domingo de 12:00h a 20:30 h.