Xinzo de Limia

MINUTO DE SILENCIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

En Xinzo, como en Galicia gardose un minuto de silencio pola nova vítima da violencia machista da Coruña

IMG_6620

As doce da mañá,respondendo a convocatoria feita dende o Concello, persoal de administración e membros da corporación municipal, déronse cita nos soportais da Casa Consistorial para gardar un minuto de silencio polo último crime de violencia machista acontecido na Coruña.

O encargado de dirixir unhas verbas foi Manuel Cabas, ante a ausencia do alcalde que se atopa de viaxe.

Cabas recordou a vítima  e manifestou a súa petición de que este fose o último acto que tiveramos que facer ante a lacra do século XXI.