Xinzo de Limia

A música de “O Venecia” volveu a sonar nas festas de Santa Mariña

homenaxe8
homenaxe8

A praza de San Roque foi o escenario no que se celebrou, dentro do porgrama das festas de Santa Mariña, un emotivo homenaxe ao músico Antonio Estévez, “O Venecia”, falecido durante a pandemia. O cariño dos vecinos de Xinzo por un dos artistas máis queridos da vila quedou patente no acto, no que se interpretou o tema Pasodobre, do seu repertorio. A Banda de Os Blancos e a de Xinzo de Limia fixeron sonar a música e a familia do homenaxeado recibiu unha placa e unha escultura de Sargadelos, ademais doutros agasallos das mans da alcaldesa, Elvira Lama.