Xinzo de Limia

NON Mais violencia machista.. Non máis Violencia de xénero.!

Oxalá este minuto de silencio sexa o último do ano, querémonos libres, querémonos vivas
Minuto de silencio 17.09.19
Minuto de silencio 17.09.19

Funcionarios e persoal laboral do Concello encabezados pola alcaldesa Elvira Lama a quen acompañaban membros da corporación local, así como veciños e veciñas gardaron un minuto de silencio ás 12 da maña ´para manifestar a total repulsa de todos os veciños e veciñas do Concello ante o triple crime machista acaecido no concello de Valga no día de onte.

Antes de gardar o minuto Elvira Lama dirixiuse aos presentes  para recordar que   tristemente volvémonos a concentrarnos  diante do Concello para gardar un minuto de silencio,  para rexeitar o triple asasinato no Concello de Valga. Triple asasinato outra vez, de mulleres, tres mulleres, das que por desgracia, solo unha pasará a engrosar a estadística da violencia de xénero.Este desgraciado, deixou a unhas criaturas nun mesmo feito  sen nai, avoa e tía, pero aínda o máis grave é que o fixo en presencia dos seus fillos, que iso fai que o acontecemento sexa aínda máis grave.

Seguimos vendo que a violencia machista non cesa, e contra esa violencia de xénero exercida por homes contra mulleres, polo mero feito de ser mulleres, temos que loitar dia a día , sen fisuras e todos xuntos.

Cada día máis temos que reivindicar financiamento por riba da mesa, para que  tamén dende as entidades locais poidamos facer prevención e tratamento,  e sobre todo educación dende o berce, porque soamente dende a educación, poderemos algún día erradicar esta lacra.

Oxalá este minuto de silencio sexa o último do ano, querémonos libres, querémonos vivas, pero en ningún caso vamos a dar un paso atrás nesta loita.

Para rematar Elvira Lama anunciou que dende a  Alcaldía se convoca os veciños e veciñas  a unha Concentración maña día 18 as 20:00 na Praza Carlos  Casares en repulsa por estes  crimes, igual que se vai facer en outros Concellos de Galicia.!!

NON Mais violencia machista.. Non máis Violencia de xénero.!