Xinzo de Limia

O CONCELLO REFORZARÁ ESTOS TRABALLOS COA PRESENZA DURANTE TRES DÍAS Á SEMANA DO CAMIÓN BALEDADOR, TAL E COMO LLE ACABA DE PEDIR Á DEPUTACIÓN

O persoal da brigada desinfecta as zonas de máis tránsito e o mobiliario

Un traballador municipal desinfectado o acceso a un establecemento de alimentación.
Un traballador municipal desinfectado o acceso a un establecemento de alimentación.

Traballadores municipais, dotados de equipos de desinfección e monos de un so uso adquiridos polo Consello, empezaron hoxe a desinfectar as zonas de maior tránsito de persoas durante estes días de confinamento, especialmente os accesos aos establecementos de alimentación. Tamén están desinfectando o mobiliario público urbano.

Ademais, o Concello acaba de solicitar á Deputación poder dispoñer do camión baldeador durante a lo menos tres días a semana.

O goberno local quere agradecer o esforzo aos traballadores e traballadoras municipais que están permitindo o funcionamento de servizos esenciais e están, coa súa adicación, axudando a protexer do coronavirus á poboación