Xinzo de Limia

Pleno ordinario con todas as mocións aprobadas por unanimidade agás unha

Haberá un parque específico  para mascotas e un proxecto integral de reforma das piscinas exteriores
IMG_20190808_190442

O primeiro pleno ordinario da nova corporación presidida por Elvira Lama tivo dúas partes moi diferenciadas. A  primeira, pertencente ás mocións presentadas polos diferentes grupos que compoñen a corporación, na  que todas elas foron aprobadas por unanimidade dos presentes, e a segunda dedicada aos rogos e preguntas dos grupos de oposición, PP e Cidadáns, ao grupo de goberno,  no que todas foron contestadas ou ben pola alcaldesa ou ben polos  concelleiros responsables da área correspondente.

 A primeira das mocións presentada polo grupo Cs-Mixto facía referencia a posibilidade de habilitar un espazo para mascotas. A iniciativa foi aprobada por unanimidade quedando pendente  de que os técnicos do Concello preparen a proposta do lugar idóneo para levalo a cabo.

A segunda feita polo mesmo grupo fai referencia a elaboración dun proxecto de remodelación e mellora das instalación da piscina exterior de Xinzo.

                               Todos votaron a favor , matizando os membros do PP, que a eles lles gustaría, si se fai un proxecto global, poder achegar ideas. Interveu Elvira Lama, para recordar que en comisión en febreiro do 2018 o seu grupon , nese momento oposición, presentaran unha moción para arranxo e acondicionamento, tanto do vaso da piscina, como dos arredores, moción que non foi adiante porque o Sr. Alcalde do momento díxolles, que non se trataría esa cuestión, por que xa se estaba a traballar no tema. Como poden comprobar a día de hoxe a situación das piscinas é lamentable.

Elvira Lama, dirixíndose a promotora da idea, estrañouse de que nos 8 anos que ela formou parte do equipo de goberno non dixera nada e o fixera agora a pouco máis de 50 días de estar eles no goberno.

Montse Lama agradeceu o apoio de todos os grupos á moción, insistindo en que ela é usuaria das mesmas a diario e sofre a situación en que se atopan as instalación,  o mesmo que todos os veciños, por iso se queixa e  seguirá facendo o mesmo, aínda que se lle responda que ela formaba parte do goberno que durante todo ese tempo non fixo nada polas mesmas.

Tamén por unanimidade foron aprobadas as mocións do grupo popular referente ao troco do fitosanitario “Clorprofam” por parte dos agricultores, outra sobre instar a Xunta para que axilice a “Mesa da Limia”, votando en contra este grupo na proposta de renovación dos representantes locais nos Concellos Territoriais da propiedade Inmobiliaria, que se saiu adiante  cos votos do resto de concelleiros.

Por unanimidade aprobouse a adhesión do Concello o Manifesto Institucional a Declaración Institucional do día Internacional do Orgullo LGTBIQ, dándo conta a Federación de Municipios e Provincias, así como a proposta chegada dende o GDR-10 Limia -Arnoia  de solicitar a implantación na vila de ciclos formativos relacionados coa principal actividade dunha  comarca agro gandeira, como é a Limia.

O último punto da orde do día na parte resolutiva era o Inicio de expedientes de recoñecemento ás vítimas da represión franquista e para a retirada de placas e outra simboloxía da mesma.

Elvira Lama propuxo que se faga un “monolito” en memoria de todas as vítimas franquistas,  que se colocará  no cemiterio municipal. Ademais de preparar os expedientes                                para retirar as placas e símbolos franquistas das vivendas de Sta. Mariña e S.Sebastián. Tamén se acordou trocar o nome da praza José Julio Ruiz polo de praza Sta. Mariña.

Continuando neste tema a alcaldesa recordou que a semana que ven fai anos que se asasinou ao Tnte. Alcalde Socialista Cándido Fernández García que era concelleiro de Xinzo cando a guerra civil, recordando que xa se instou ao Ministerio de Xustiza o recoñecemento e cando este chegue, organizarase o recoñecemento municipal.

A Secretaria deu lectura a continuación aos  membros de cada partido adscritos as diferentes comisión a proposta de cada portavoz.

Pasouse logo ao capítulo de rogos e preguntas no que na maioría das que procedían do partido popular a Presidenta do pleno tivo que “tirar” de ironía para respostar ao representante do grupo popular, posto que tanto os rogos, como as preguntas segundo manifestou, debería de facerllas aos seus compañeiros de bancada, e non a ela.

A primeira  petición foi a de que coiden as tres carpas que mercou o grupo de goberno anterior, posto que ao parecer quedaron nas festas de S.Juan unha noite fora sen recoller. Tamén solicitaron que se lles enviase con tempo as convocatorias a actos institucionais e interesáronse no seguinte polo estado en que se atopa o expediente de honra a D. Eloy Conde Conde, que quedou preparado polo anterior concelleiro de deportes.

Continuaron cos rogos de que se lles de contestación aos escritos presentados, interesándose por onde van a ir colocados os xogos de canastras comprados e a outra “cancha” portátil así como a petición dun despacho para o grupo popular na Casa Consistorial.

Elvira Lama tomou a palabra para contestar a todos eles a vez incidindo no punto do despacho, informando que cando se faga a distribución nova dos nosos concelleiros, por suposto terán un despacho, como non podería ser doutra maneira, non como fixeron vostedes que nos últimos 16 anos o PSOE non o conseguiu.

A continuación no capítulo de preguntas comezou o portavoz do PP  por interesarse polo atraso na sega de zonas verdes da vila, e por si alguén controla o regadío destas zonas, posto que hai zonas verdes a punto de secarse.

A alcaldesa deulle a palabra os concelleiros respectivos Amador e Rafa. O tenente alcalde Amador Díaz respostou dicindo que fomos capaces de sacar 4 desbrozadoras a rúa, cousa que  lle molestou ver a algún encargado desebrozando incluso polas tardes. Recórdolle que hoxe mesmo comezaron as dúas cuadrillas anti incendios, que empezaron tarde, porque vostedes non asinaron o convenio en tempo, con un mes e medio de atraso, cando esas brigadas no tempo en que non hai incendios están desbrozando. Invito ao Sr. Concelleiro a que veña conmigo para que vexa como están quedando tanto as zonas do rural como de Xinzo. A pesar da xente que está de vacacións estamos a facer o traballo, por desgraza este ano de pobo en pobo e de festa en festa, comprometéndome a que o ano que ven, isto non vai a acontecer.

Á segunda pregunta respostou o Sr. Penabad  concelleiro de Infraestruturas: Nos estamos a poñer en funcionamento todos os regos. Por exemplo no Parque do Toural…, cousa que levaba sen funcionar anos.

A seguinte pregunta referíase a o motivo de anular a obra da casa da Cultura e onde se van a investir eses cartos?

5A reforma consistía en sacar ao exterior a cristaleira. Nos establecemos unhas prioridades incluídas esta Casa, pero sabemos que os problemas da Casa de Cultura comezan polo tellado, no que entra auga a cachón. Presentou nese momento ao pleno varias fotografías do estado actual do tellado . Isto non estaba contemplado. Non se pode acometer ningunha obra de reforma sen comezar polo tellado. O propio construtor desistiu despois do informe do arquitecto redactor,arquitecto responsable da reforma, no que di que aquilo simplemente era un maquillaxe interior, sen solucionar os problemas reais do edificio. Isto di o propio arquitecto.

Esta é unha das moitas obras que vostedes deixaron, que nos se axustan as necesidades dos veciños e veciñas de Xinzo.  Faremos un proxecto de reforma integral, comezando coa instalación  dun ascensor, cousa que vostedes non foron capaces de facer en 16 anos.

Continuando no capítulo de obras preguntou o PP , pola paralización do proxecto do grupo S.Sebastián.

Volveu a ironía ao pleno por parte da alcaldesa contestando que: Eu case que non preguntaría nada ao respecto do Obradoiro, despois da actuación que fixo, coa autorización do seu concelleiro de obras no parque do Toural, no que non houbo máis remedio que pechar, valar o acceso ao parque.

O único que se fixo no grupo S.Sebastián foi mercar un aparato de xogos por importe de 20.000 € mais IVE, un cortiza e mais unha soleira que fixo a propia brigada. Vostedes non acometeron ningún parque, nin o valaron, nin o sinalizaron, nin por suposto ningunha actuación do que lle prometeron aos veciños en épocas preelectorais. Por non facer , nin limparon o areeiro que leva no mesmo estado mais de 25 anos.

Hai preguntas que é mellor non facer neste plenario e facerllas ao seu grupo.

A pregunta de que hai queixas de que as facturas se aboan fora de tempo, despois de aprobado o cambio de partida de 300.000 € , Elvira Lama contestou que pediría un informe aos servizos do Concello, momento no que interveu a Secretaria para informar que o cambio de partida aprobado estaba aínda en fase de exposición pública.

Na súa intervención anterior o concelleiro de Medio Rural anunciou que precisamente onte comezaran a funcionar as brigadas contra incendios, que no tempo que non hai lumes dedican as horas de traballo a desbroces con maquinaria de man. No momento da pregunta do grupo popular de cando empezarían?.  Amador Díaz inquiriu ao portavoz do PP dicindo que non empezaran fai mes e medio, como estaba previsto, porque o seu grupo non había asinado  o convenio en tempo e forma, de aí o retraso.

Outra das preguntas referíase a organización da feira do comercio ou da oportunidade, aínda que non se recupere  ProLimia.

Deulle a palabra ao Sr. Pérez Campos, concelleiro de Facenda e Promoción Económica o cal informou da reunión que mantivo con comerciantes á que asistiron case 30 persoas, anunciando,  que neste momento xa hai persoas interesadas en poñerse a fronte da asociación. De facerse, sería en setembro , pero tampouco é unha prioridade do colectivo neste momento. Anunciou iso si a celebración dunha feira da Pataca dentro deste ano, ademais de outras feiras máis.

Unha dás preguntas que suscitou máis polémica foi a dos “planos da vila en papel”. Si se van a repartir polos establecementos ou hai que recollelos  na Casa da Cultura.

Elvira Lama tomou a palabra para contestarlle que fora na tarde anterior  cando tivo coñecemento do devandito plano. O concelleiro saínte, non tivo a delicadeza de cando entregou as chaves dicir que quedaban feitos eses planos. Nos non temos coñecemento nin dese gasto, nin dese encargo, nin dese material.

A seguinte pregunta foi referida a rúa Blanco Amor, xa está rematada, de porque non se e abre ao tráfico, nin está iluminada?.

Outra vez tivo que a alcaldesa usar a ironía co portavoz do grupo popular indicándolle que quen lle tiña que respostar eran os seus compañeiros, posto que no proxecto da obra, non contemplaba  alumeado .Polo tanto esa rúa abrirase ao tráfico  cando teña a iluminación, este embelecida e poidan circular os vehículos. Neste momento  solo está  autorizado o tráfico para os residentes.

Con referencia as queixas de que hai días en que non hai técnicos no departamento de urbanismo. Volveu a alcaldesa a repetirlle que lle pregunte aos seus compañeiros. As vacacións estaban asinadas polo anterior alcalde. Eu non lle ía a quitar as vacacións a un traballador que as ten autorizadas e asinadas.

A continuación deulle a quenda a Sra. Lama representante de Cidadáns, a cal se interesou polo vinilo xigante coas cores da camiseta do Antela que onte mesmo apareceu nun local de apostas. Entende a concelleira que este é un reclamo para os rapaces e non debería estar nun local desas características.  Quixera saber si o equipo directivo do Antela autorizou iso e si o Concello ten coñecemento do feito, tendo en conta que este club recibe axudas públicas.

Elvira Lama, dixo descoñecer o feito, tanto de si o Antela autorizou ou non, pero dunha maneira ou de outra ía preocuparse por ese tema no que coincidía totalmente coa argumentación da concelleira.

O segundo rogo fixo referencia a que na rúa do Peto, reformada e inaugurada a nova pavimentación en pedra, xa ten dúas lousas rotas, e tamén de que algún establecemento hostaleiro bota os restos do balde de limpeza, dende a porta aos sumidoiros, manchando loxicamente a pedra.

Os dous últimos rogos da concelleira de Cidadáns fixeron referencia  a limpeza do parque do Toural e ao valado  do “parque” S.Sebastián.

Con repeto ao primeiro, a alcaldesa anunciou que se está a estudar un plan para que os camións grandes non entren no casco antigo, para non danar as pedras. Estase a falar coa Deputación sobre a recollida do lixo nestas zonas,  anunciando que esta mesma semana a recollida se estaba a facer cun novo camión eléctrico, que supón que pesa menos.

Con respeto ao rogo da limpeza nos casos da hostalaría, xa se falou cos implicados verbalmente e o problema é que cada un vótalle a culpa ao veciño, e así haberá que actuar doutra maneira. En canto a limpeza e valado do “parque” de S.Sebastián, farán un proxecto de adecentamento  total da zona.

Coa resposta a Montse  Lama e sen máis asuntos que tratar a Presidenta deu por finalizada a primeira sesión plenaria ordinaria.