Xinzo de Limia

A praza Carlos Casares foi o lugar escollido en Xinzo, para manifestar a repulsa aos crimes machistas de Valga

IMG_20190918_201508

Medio cento de persoas se reuniron en Xinzo, respondendo a convocatoria feita dende o Concello, para visualizar o rexeitamento da cidadanía de Xinzo aos tres crimes machistas desta semana en Valga.

Na praza tomou a palabra a alcaldesa Elvira Lama a cal arroupaban unha representación dos concelleiros  da corporación Local.

Reunímonos aquí, comezou dicindo Elvira, para rexeitar a violencia de xénero, para rexeitar esa lacra e eses pensamentos, non de algún desgraciado, se non de moitos desgraciados.

IMG_20190918_201402

Polo tanto basta xa de violencia machista, basta xa de violencia contra as mulleres. Non vamos a dar nin un paso atrás. Esta é solo unha concentración polos tres crimes de Valga. Tres mulleres que morreron ás mans dun solo home.

Querémonos vivas....basta xa de violencia contra as mulleres!!

Antes de rematar anunciou a concentración que se levará a cabo o próximo venres 20 ás 20:30 na mesma praza de Carlos Casares convocada por movementos feministas de toda España, na que se solicita a todos e todas as persoas que asistan, que o fagan  vestidas de negro e cunha luz violeta na man.  O “slogan” da mesma será “A noite será violeta”.