Xinzo de Limia

A praza de San Sebastián xa está libre de simboloxía franquista trala retirada da placa que lle daba nome

placa
placa
É un firme propósito do Concello de Xinzo de Limia retirar toda a simboloxía relacionada ca ditadura franquista das rúas da vila. Despois da aprobación unánime dunha proposta do grupo socialista para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica e levada a pleno antes da pandemia, o executivo local está a traballar para que este capítulo da historia non teña cabida nos espazos públicos. Nos últimos días retirouse a placa que daba nome á praza de San Sebastián, nun grupo de edificios que data do 1966. A decisión do Concello é consensuar cos veciños, cos que xa falou, o contido da placa que a substituirá.