Xinzo de Limia

A primeira Gala do Deporte de Xinzo outorgará 17 premios a equipos e deportistas destacados

CARTEL GALA DO DEPORTE_page-0001
CARTEL GALA DO DEPORTE_page-0001

A primeira Gala do Deporte de Xinzo de Limia está a piques de que sexa unha realidade. O evento organízase en pleno Nadal para recoñecer o valor e o esforzo dos deportistas e membros do deporte base do concello que destacaron na tempada 2021. A partir das 20.00 horas do mércores, 29 de decembro, no pavillón municipal daranse cita ao redor de 300 persoas. Esta é a cifra de reservas rexistrada ata o momento e os interesados en participar aínda poden inscribirse no enlace: https://forms.gle/AQRMXrRxVjy32mRg8. Tamén é posible anotarse escaneando o código QR que estase a difundir co cartel nas redes sociais do Concello de Xinzo.

En total, serán 17 os premios que se entregarán e haberá recoñecementos especiais coma o que se outorgará ao ciclista Carlos Canal, que este ano participou por primeira vez en La Vuelta a España, ou ao atleta Rubén Diz. A primeira Gala do Deporte de Xinzo de Limia será presentada por Patricia Santana e Pablo Ríos e contará coas actuacións do grupo musical En Mala Hora e da cómica Miriam Crespo. Ademais, haberá exhibicións da Escola de Ximnasia do E.D.C. Xinzo e sorteos entre o público asistente.

O concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, quixo poñer en valor o traballo dos técnicos: “Tiñan moitas gañas de facer realidade esta gala e levan traballando moi duro durante semanas”. Tamén asegurou que todos os organizadores “estamos moi emocionados por levar a cabo unha gala que xa se tivo que pospoñer pola pandemia”.