Xinzo de Limia

AS RUAS E BEIRARRUAS DE XINZO NO CENTRO E NOS BARRIOS XA TEÑEN OUTRA CARA

O acondicionamento e reposición de plantas en determinadas rúas,  parque e prazas contribuirán a mudar a deteriorada imaxe que presentaba a vila hai un mes escaso

IMG-20190713-WA0031

“ As rúas e beirarrúas de Xinzo tanto no centro da vila, no casco vello, como nos barrios, xa teñen outra cara”. Así de contundente se expresaba a Alcaldesa Elvira Lama en nome do seu equipo de goberno.

En apenas unha semana de intenso traballo por parte das brigadas municipais e da empresa externa que abordaron o Plan de limpeza Integral urbana, tanto os veciños e veciñas como o equipo de goberno están satisfeitos dos resultados.  Son moitos os que felicitan o novo equipo de goberno por diversos medios por facer un traballo que nunca antes se tiña feito.

IMG-20190713-WA0033” Agora toca manter limpos os espazos nos que se abordaron estas intensas tarefas con efectivos da empresa externa, 2 camión hidrantes de 6.000 L. de capacidade, dúas hidrolavadoras, e dúas varredoras con mais de oito operarios que comezaban a traballar as 5:30 da madrugada para entorpecer o menos posible a vida diaria dos veciños e veciñas de Xinzo. Así como diversas  actuación que levaron a cabo os operarios das brigadas do Concello que tamén se esforzaron nos distintos barrios mais alonxados do casco vello de Xinzo, mentres as desbrozadoras actuaban nas distintas pistas que dan acceso a vila, onde hai moitas vivendas unifamiliares”.

Este Plan Integral de Limpeza Urbana na vila de Xinzo foi unha das primeiras acción do novo Goberno presidido pola Alcaldesa  do PSdG-PSOE Elvira Lama, que se fixeron eco dende o minuto un, das demandas da cidadanía despois de ver como  durante anos e anos o anterior equipo de goberno do PP, pasaba amplamente de acometer unha limpeza en condicións nas diversas rúas e canellas do casco vello de Xinzo, nos barrios e nas  pistas.IMG-20190713-WA0032

Así mesmo se están acondicionando diversos xardíns en rúas, parques  e prazas repoñendo plantas e limpando parterres que estaban practicamanete abandoados, tanto par parte dos operarios da brigada como por parte de axuda externa, para que a vila teña outro pulo nas vindeiras Festas Patronais de Santa Mariña do 17 o 21 de xullo.

IMG-20190713-WA0034

“O obxetivo esta cumprido, agora so falta pedir a colaboración  e a implicación de todos e todas, para que o pobo se poda manter nunhas condición de salubridade e limpeza aceptables e nos sintamos parte de un pobo limpo, reflexionando si o lixo que votamos na rúa o votariamos no salón da nosa casa”. Di a Alcaldesa.