Xinzo de Limia

Pleno extraordinario urxente da corporación esta mañá

Tanto a urxencia como o desenrolo, foron aprobados por  unanimidade

2
Sesión plenaria extraordinaria 23.10.19

O único punto na orde do día era a refinanciación e unificación das operacións de crédito que o concello de Xinzo ten en base ao RD Ley  4/202.

Elvira Lama, abriu a sesión para pedir desculpas polo retraso.

A continuación cedeulle a palabra a interventora quen explicou que o Concello ten dous préstamos adheridos a este decreto , un de 3.100.00  e outro de 40.000  euros. A intención do goberno local era amortizar o de 40.000 co cal entendía que xa non había que facer a unificación.

Cando ela como interventora o quixo facer o Ministerio non autorizou, cousa que para o concello de Xinzo é malo por dúas cuestións.

A primeira porque neste novo préstamo refundido cambian as condicións, entre elas unha moi importante de que ten dous anos de carencia, e a outra por non poder amortizar ese préstamo pequeno neste exercicio.

Isto implica que nos próximos presupostos non se poida ir facendo amortizacións desta débeda como se viña facendo ata agora, pero como xa dixera son decisións de alta política financíeira, na cal non se pode entrar e menos discutir.

Tomou a palabra o portavoz do PP para anunciar o seu voto positivo e simplemente reiterar as súas queixas non solo pola convocatoria feita en forma e case mais en tempo. Nestas situacións aínda que sexa a última hora da noite pódese avisar aos portavoces. Reiteradamente estamos solicitando deste grupo de goberno que teña máis comunicación coa oposición, non solo para estes temas se non para calquera acto cultural deportivo etc.

 

A representante de Cidadáns Montse Lama tamén anunciou o seu voto positivo

Por último tomou a palabra a alcaldesa para agradecer a todos os grupos e concelleiros o seu voto afirmativo e contestando ao representante do PP que intentarán  que a comunicación con eles e coa cidadanía en xeral sexa mais fluida.

Levantouse a sesión.