Xinzo de Limia

ROLDA DE PRENSA DE ELVIRA LAMA E MANUEL PÉREZ

A situación económica do concello é de auténtico caos

Cando chegamos xa contábamos que a situación non ía a ser boa, pero o que nunca pensamos era que esta fora das magnitudes que nos estamos atopando

Tomou a palabra a alcaldesa Elvira Lama para definir a situación  financeira do Concello que herdamos como caótica.

Un modelo caótico, segundo a nosa opinión e onde cada concelleiro facía o que lle petaba, uns mais que outros, e onde algún xogaba a ser deus e estar en todos os lados.

 Cando algún dos portavoces dos partidos da oposición, eu ou Manolo Pérez  lle preguntaba por algún tema sempre era a mesma contestación, estamos en elo, pero ese elo, eran os seus intereses persoais, nunca os dos veciños.

Cando chegamos xa contábamos que a situación non ía a ser boa, pero o que nunca nos pensamos era que esta fora das magnitudes que nos estamos atopando, en canto ao financiamento do que resta do ano. Poderíase resumir a situación nos seguintes puntos:

1.-Nos temos que traballar cos orzamentos prorrogados do 2018, porque o equipo anterior non se molestou en presentar os orzamentos do 19.

2.- Deixaron  gastos comprometidos en concellerías como Cultura e Deportes sen marxe mínimo de manobra.

3.- Hai partidas en varios departamentos excedidas en máis do 50%

4.- Cando xa sabían que non ían continuar, gastaron e malgastaron a mans cheas incluídos os adiantos dos ingresos da Deputación, (dos impostos que temos delegados para a súa recadación).

5.- A día de hoxe xa está gastado practicamente todo o presuposto deste ano, faltando medio ano.

Por isto todo,  é polo que nos vimos obrigados a poñer en coñecemento de todos e todas a magnitude do problema.

Para resumir diremos que o estado de contas é tan caótico como o desgoberno que reinaba en cada concellería do goberno anterior, polo tanto esa “boa” xestión  resúmense en tres palabras, desorden caos e contratación de obras sen priorizar , como por exemplo unha que hai que executar, en contra dos nosos interese para un centro social en Gudes por importe de 48.000 €, onde por certo xa se investiron anteriormente máis de 24.000 nunha pista polideportiva, nun pobo que non ten veciños de menos de 18 anos.

Este goberno está traballando dende o primeiro minuto sen descanso para tratar de rematar o ano. A situación e complexa, estamos descubrindo usos e abusos en departamentos por parte do goberno anterior, sabendo que isto solo é a punta do iceberg,  e preparados  para novas sorpresas, que por certo iremos denunciando ante os medios de comunicación e si fai falla ante outras instancias.

A situación financeira e grave, pero non imposible de resolver, e traballaremos para que os novos orzamentos entren no plenario en tempo e forma para que o 1 de xaneiro teñamos os presupostos que nos queremos para os veciños e veciñas de Xinzo.

Tomou a palabra despois D. Manuel Pérez para debullar polo miúdo o que a alcaldesa avanzou.

Comezou facendo historia retrocedendo ao ano  2011 onde concello chegou a ter unha débeda de 12 millóns de euros. De aquí ven o plan de axuste para pagar débedas de gastos, non de inversión, tendo que subir os impostos por encima do 50%.

Recriminou outra vez ao equipo anterior por non ter feito so presupostos do ano 2019.

 

CASE TODAS AS PARTIDAS ORZAMENTARIAS ESTÁN SEN REMANENTE

Poucas son as partidas orzamentarias que teñen remanente, a maioría xa están en negativo.

é verdade que o anterior equipo deixou algo máis de un millón de euros, pero que isto solo vai a dar para pagar os gastos obrigatorios e correntes ata o mes de agosto. A partir de aí xa non haberá liquidez, tendo que facer uso dunha póliza de crédito de 700.000 €, a cal non tíñamos intención de utilizar.

ANTICIPO DO 95% DO RECADADO POLA DEPUTACIÓN

Neste momento xa recibimos (recibiron) o 95 % dos 4.100.000 € de Impostos  de todos os veciños que supuxeron un ingreso de 3.900.000 €, xa recibidos e xa gastados. A nos ata final de ano quedarannos por recibir uns 50.000 €.

OUTROS DATOS DE PARTIDAS DIFICILMENTE XUSTIFICABLES

Cultura pasou de 150.000 € ata o ano 19  a 219.600 ,  e o único que se fixo foi o Entroido e agora as festas de Sta. Mariña. (90.000 € no primeiro e 30.000 € no segundo aprox.). Haberá que ver onde están o resto dos cartos. Pero dos 30.000 € reservados para as festa, xa están comprometidos polo equipo anterior dez mil euros máis, ou sexa 40.000.

Temos un contrato para transporte en autobuses para escolas e equipos de base de 40.000 €/Ano e a día de hoxe xa van gastados 50.000. Quedando todo o cuatrimestre, co que supoñemos que nos farán falla outros 50.000 € máis.

Estas son algunhas partidas, aínda que a situación de case todas e de esgotamento. Isto o único que vai a provocar é que algunhas cousas que nós vaian  a pedir, non poidamos facelas, moi ao noso pesar, tendo en conta que hai unhas leis que hai que cumprir e un teito de gasto que hai que respectar.

O novo orzamento irá no  plenario de outubro, para poder aplicar o noso programa.

Volveu a repetir o concelleiro de Facenda que a situación é de auténtico caos.