Xinzo de Limia

Sorteo dos compoñentes dás mesas electorais

Na mañá de hoxe 17.10.19  a corporación municipal reuniuse en sesión extraordinaria para proceder ao sorteo electrónico dos membros que comporán as mesas electorais do próximo 10 de novembro.

Comezou o pleno  aprobándose  a acta da sesión anterior por unanimidade.  A continuación os técnicos da secretaría procederon ao sorteo.

As persoas que formarán parte como presidentes ou vocais e os seus substitutos recibirán as notificacións ao longo destes días e terán unha semana para alegar, si non poden asistir ese día as mesas electorais.