Xinzo de Limia

Os tractores desinfectan por terceira vez pobos e rúas de Xinzo: xa pulverizaron 100.000 litros de lixivia

Na Praza Carlos Casares, antes de empezar a desinfectar.
Na Praza Carlos Casares, antes de empezar a desinfectar.

Os tractores dos agricultores percorrerán hoxe e mañá as rúas o os pobos de Xinzo para desinfectalas con lixivia.  Será a terceira vez que o fagan desde que se declarou o Estado de Alarma. 

En cada pasada participan unha media de 12 tractores, que levan pulverizado en total máis de 100.000 litros de hipoclorito sódico disolto en agua, o que se coñece como lixivia.

O operativo, coordinado polo concelleiro de medio rural, Amador Penín, arrancou esta mañá e conta cunha ducia de vehículos agrícolas, aos que hai que sumar a pick-up da brigada municipal, que se ocupa diariamente da desinfección dos puntos críticos, e os coches de protección civil e bombeiros.

As 9:30 saíron os dos primeiros tractores con dirección a Parada, Gudes, Guntimil, Mosteiro, Gorgoloza, Ganade, Casas da Veiga, San Vitoiro , A Manga e  Lamas. 

Á mesma hora, outros 4 desinfectarán rúa a rúa toda a vila, repetindo as rutas da semana anterior.

Ás 15:30 horas, un tractor ocuparanse de Faramontaos, Asqueirugás, Novas, Mosteiro de Novas e Gudín

Xa mañá, sábado, catro tractores rematarán a desinfección da vila e outros dous farán a ruta de Robordecha, Moreiras, San Pedro, Armada Raposo (mañá a tarde) e Baronzás, Morgade, Pena, Soutelo, Trandeiras, a partir das 15:30 horas