Xinzo de Limia

OS tractores de Xinzo volven saír ás rúas para desinfectar con lixivia a vila e os pobos

WhatsApp Image 2020-04-02 at 10.25.30
Tractores actuando.

Os tractores dos agricultores de Xinzo volven a percorrer as rúas da vila e as rúas de todos os pobos do concello para desinfectalas, baixo a coordinación do goberno local e en concreto do concelleiro de Medio Rural, Amador Penín.

É a segunda vez en apenas unha semana en que se repite este dispositivo, froito dunha exemplar mostra de cooperación e colaboración, que é a mellor fórmula para abordar esta situación e saír dela o antes posible.

Os traballos comezaron onte e continuarán ata o venres. Lévanos a cabo 8 tractores, organizados por rutas e pobos, que contan co apoio tanto de Protección Civil como dos Bomberos.

Para desinfectar as rúas, utilizan principalmente lixivia, pois o coronavirus desactívase ao entrar en contacto con solucións de hipoclorito sódico, que é cloro disolto en auga..

Este operativo repetirase cantas veces faga falta durante a declaración do Estado de Alarma e máis alá del se fora preciso.