Xinzo de Limia

O uso de máscara será obrigatorio desde esta media noite

 

 

WhatsApp Image 2020-05-14 at 14.01.59

A Xunta de Galicia publicou hoxe a nova normativa que fai obrigatorio o uso de máscara para as persoas de 6 ou máis anos, incluso cando haxa a distancia de seguridade de metro e medio e tanto en espazos ao aire libre como pechados. 

A publicación indica que tamén será obrigatoria nos locais de hostalería, podendo retirarse so no momento específico do consumo para volvera a colocar a continuación, tanto no interior como nas terrazas.

Tamén será obrigatoria en transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros  en vehículos de ata nove prazas, incluído o conductor.

Consulta aquí a nova normativa