Xinzo de Limia

Visita do presidente da CHMS ao concello de Xinzo

No día de hoxe o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil visitou o Concello de Xinzo para unha xornada de traballo.

Foi recibido no despacho da alcaldía por Elvira Lama que estaba acompañada do concelleiro de Medio Rural Amador Díaz.

Despois dunha breve reunión  na que a alcaldesa lle expuxo as necesidades máis urxentes, nestes momentos e presentou proxectos a levar a cabo coa colaboración da CHMS, desprazáronse para coñecer “insitu” algunhas das instalacións de fosas sépticas que se pretenden dirixir a depuradoras, así como a presa de Gudín.