Xinzo de Limia

Xinzo enche o verán de actividades culturais e deportivas: máis de 60 durante os meses de xullo e agosto

O programa arranca mañá,  domingo, co concerto de Queixume dos Pinos na Praza de Carlos Casares e as primeiras clases de pilates e zumba no Toura (ás 11 y 12 da mañá)l. Pese a suspensión do Esquecemento, haberá una semana adicada á festa, con reducidas pero moi variadas actividades, a maioría de rúa. A partir deste domingo, todas as fins de semana de xullo e agosto terán polo menos dúas actuacións e algunhas ata catro, tamén os venres.

 

 

Ramiro Rodríguez, Elvira Lama y Rafa Penaba.
Ramiro Rodríguez, Elvira Lama y Rafa Penaba.

Dende que o Goberno local acordou suspender as festas patronais como consecuencia da crise sanitaria, tal y como fixeron a inmensa maioría de concellos, púxose a traballar nun amplo programa de actividades, sempre reducidas e con estritas medidas de seguridade. O resultado dese traballo é a programación (en colaboración con outras administraciones y asociacións) de máis de 60 actividades para os meses de xullo e agosto, de tal xeito que a partir do día 5 non haberá ningún fin de semana no que non se programe algo, tanto o sábado como o domingo ou incluso o venres.

“Tras semanas de duro confinamento, agora chega a Xinzo o tempo da cultura, o deporte saudable e o divertimento, sempre responsable e seguro”, explicaron a alcaldesa Elvira Lama e os concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e Deporte, Rafa Penabad.

É por elo que o Concello de Xinzo, en colaboración con outras administracións e asociacións, está a programar unha morea de actividades para este verán.  Son xa arredor de 60 as que están pechadas, do máis variado e sen descartar que se podan incluír ou confirmar máis. 

Nunca Xinzo programara tantas actividades para o verán. Abarcan desde a música a teatro, monólogos, espectáculos de humor e maxia, xogos populares, desfiles, obradoiros, exposicións ou tres campamentos (infantil, de fútbol e baloncesto). A esta programación hai que sumar actividades de ximnasia, zumba, baile moderno ou pilates, todas elas dirixidas por monitores e ao aire libre, na Alameda do Toural. Todo concentrado durante os meses de xullo e agosto. 

As actuacións e actividades están pensadas en formatos reducidos, con limitación e control de aforo e seguindo estritamente os protocolos de seguridade. O Concello pretende que despois de ter vivido os que posiblemente foran os peores meses das nosas vidas, agora toca que este sexa o mellor verán para os veciños e veciñas de Xinzo de todas as idades.

O programa foi feito público hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e Deportes, Rafa Penabad.

Os tres coincidiron en subliñar que o esforzo e sacrificio realizado polos veciños e veciñas de Xinzo durante este duros meses precisa agora de algo de distensión e distracción, ao que esperan que contribúan o programa cultural e deportivo elaborado polo Concello. 

O programa ten 4 patas, en función das actividades, que son:

 

VRAO CULTURAL 2020

Música (tradicional, pop, rock, rap…), monicreques, teatro, monólogosm, humor, maxia.  Todas as fins de semana de xullo e agosto (sábados e domingos e moitos venres).

Grupos: Habitación Vudú, Chupadeskay, Grilo, Monolious Dop, Queixume dos Pinos, Fiadeiro, Mago Cayetano Lledó, Producións excéntricas, Clown Gabriel, Serxio Pazos, Esmuli Concerto, Sarabela Teatro, Cuarteto Ourenlú, Covas das letras, Zancalino Boneca Lareta, Xanela do Maxín, A Maxia de Fani Triana, Pitusa Semifusa, Goldenwo, entre outros.

 

XINZO-FIT 2020

Clases gratuítas dirixidas a todas aquelas persoas que queiran facer deporte na Alameda do Toural. Os martes e os xoves as 19:30 e as 20: 30 e os domingos pola mañá. 

Arranca este domingo, día 5, de mans da La Región, con actividades de pilates ás 11:00 e zumba ás 12, ambas impartidas por monitores.

Repetiranse todos os martes e os xoves as 19:30 e as 20:30 e o resto de domingos de xullo e agosto (10:00 e 11:00), organizadas xa polo Concello, sendo monitores deportivos de Xinzo os que se encarguen de dirixir a actividade. En total impartiranse ao longo do verán 50 clases.

 

SEMANA DO ESQUECEMENTO:

Este ano é a XX edición, pero debido a situación de emerxencia sanitaria non se poderá celebrar a festa como en anos anteriores, pero si que se realizarán actividades relacionadas coa festa histórica, sempre respectando as debidas medidas preventivas, como as distancias de seguridade, hixiene e uso de máscaras.  Todo na semana do 17 ao 23 de agosto.

Estas son as actividades: 

Obradoiro de coiro.

Obradoiro de confección de elementos decorativos.

Exposición fotográfica.

Decoración da vila.

Desfile das hordas castrexas.

Desfile lexións romanas.

Montaxe de castro e tenda romana.

Desfile castrexo-romano.

Teatro sobre a lenda do Río Lethes.

Espectáculo de A lenda das meigas.

Espectáculo de lume.

Xantar de confraternización (limitado a 250 persoas)

Xincana e xogos populares.

Premios Bispo Idacio.

 

CAMPAMENTOS

INFANTIL: Para nenos nacidos entre o 2003 e o 2013. Por primeira vez amplíase aos meses de xullo e agosto. Un campamento por quincena.

Grupos reducidos de 9 rapaces e rapazas por monitor, desde as 10:30 as 13:30 e con servizo madruga dende as 9:30 para facilitar a conciliación. 

FUNDACIÓN CELTA de Vigo: Este ano tamén está previsto outro formato de campus de fútbol dedicado á tecnificación do devandito deporte. Serán clases impartidas polos adestradores do Club Celta de Vigo e levarase a cabo nas instalacións da Moreira. 

Clases destinadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, en grupos reducidos, e con adestramento técnico individualizado para cada participante. Dende o 13 ao 17 de xullo.

CAMPUS DE BALONCESTO SALVA ARCOS: Un campus en relación co deporte do baloncesto que terá lugar, en colaboración co Concello de Sandiás, na semana do 2 ao 9 de agosto, unha data posterior á habitual para garantir a viabilidade e seguridade dos alumnos/ as e dos técnicos que imparten esta disciplina deportiva.