Xinzo de Limia

Xinzo ofrece máis tractores a outros concellos da provincia para desinfectar as rúas

Os tractores de Xinzo desinfectaron hoxe unha parte moi importante do municipio, abarcando incluso mais do que tiñan inicialmente previsto. Hoxe continuarán tanto na vila, con novas rutas, como nos pobos. Pero os ofrecementos dos agricultores son tantos, que dende o o goberno local incluso se lle ofreceu á Subdelegación do Goberno prestar este mesmo servizo en outros concellos. 

 

WhatsApp Image 2020-03-23 at 16.44.41
Tractor desinfectando unha pista.

Hoxe saíron as rúas e pobos de Xinzo sete tractores para desinfectar as rúas e os espazos públicos, chegando incluso a máis zonas das que tiñan previsto. Mañá continuarán estes traballos, pero son tantos os ofrecementos de agricultores dispostos a participar no operativo que hoxe mesmo o Concello se puxo en contacto coa Subdelegación do Goberno para ofrecer este servizo a outros concellos interesados.

Estas son as rutas para maña na vila. Igualmente, seguirán actuando nos pobos.

  • AVDA DE MADRID, ambos lados ata ESTACIÓN DE SERVICIO VILLASANA
  • RÚA PADRE FEIJÓO
  • RÚA DEPUTACIÓN
  • RÚA SEARA
  • RÚA SAN SEBASTIÁN
  • RÚA CERDEIRO
  • RÚA VICENTE RISCO
  • RÚA CELSO EMILIO FERREIRO
  • RÚA ALVARO CUNQUEIRO
  • GRUPO SAN SEBASTIÁN
  • RÚA MARCELO MACÍAS
  • RÚA A DEVESA
  • AVDA DE OURENSE – ACCESO AVDA DE CELANOVA
  • RÚA SANTA MARIÑA
  • GRUPO SANTA MARIÑA
  • RÚA DOUTOR CASTO
  • RÚA IGREXA
  • RÚA LEOPOLDO ALVAREZ
  • RÚA GALICIA dende PRAZA DE ORIENTE ata FORNO PÉREZ
  • RÚA XESUS CARLOS ROMERO NIETO
  • RÚA CARME NÓVOA
  • POLÍGONO