Xinzo de Limia

1º concurso de doces segundo as receitas do abade da parroquia do século XIX

1500 € en premios máis dous accesis

CONCURSO DE DOCES TÍPICOS DE XINZO DE LIMIAO Concello de Xinzo convoca un concurso gastronómico para elaborar un postre típico da vila, baseado nunhas receitas tradicionais que  o  abade  da Parroquia de Santa Mariña de Xinzo  Don Bernardo Antonio González,  escribiu, no século XIX, no libro de fábrica   (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia) nuns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecais para os días de festa ou para visitas notábeis. nas que explicaba entre outras o método de facer  “barquiños”  e  “manteigadas” .

O Obxectivo do Concurso pretende dotar a Xinzo de Limia dun doce propio baseado nestas receitas tradicionais,  a  xeito de “Manteigadas Limiás” ou “Barquiños Antelanos”

O Concurso, fallarase  o 18 de Xullo festa de Santa Mariña nun SHOW COOKING  contando para elo cunha dotación de  1.500€ en  premios e dous accesis.

Para ver as bases prema aqui