Xinzo de Limia

Os actos conmemoraticvos do Día de Galicia levaranse a cabo no parque Galicia

Comezarán ás 21:00

Este ano os actos de conmemoración do día de Galicia celebraranse no Parque de Galicia, na zona do polígono.

Fai anos que este parque leva este nome por acordo da corporación municipal, pero nunca se lle puxo ningunha placa que o asevere.

Segundo manifestacións da alcaldesa, tendo un parque que leva o nome de Galicia, entendemos que sería ese un bo lugar para a celebración dos actos conmemorativos.

OFRENDA FLORAL

Despois da colocación da placa farase no mesmo lugar unha ofrenda floral e continuará o acto cunha lectura compartida do discurso de “Castelao” ALBA DE GRORIA”.

Rematada a lectura dará un pequeno concerto a Agrupación Musical da Limia.

O motivo do cambio de horario é que a esa hora, todas as persoas que queiran asistir, non Terán que “sufrir” as altas temperaturas destes días podendo aproveitar mellor do acto e do posterior concerto.