Xinzo de Limia

Campaña de promoción turística do noso patrimonio

A traveso de 14 láminas e muráis

A Concelleria de Cultura e Turismo do Concello de Xinzo, ven de colocar en diversos puntos da vila, catorce láminas de vinilo sobre os postes de sinalización de rúas, para poñer en valor e dar a coñecer  algúns dos mais salientables recursos Culturais, Turísticos, Medioambientais e mesmo Deportivos, así como o patrimonio arquitectónico con que conta o Concello Limiao.  

Engadindo outros recursos localizados en Concellos limitrofes como o Museo da Limia de Vilar de Santos ou a Casa da Lagoa en Sandiás.

O resto das láminas son as do Museo  Galego do Entroido, o Museo dos Mundos de Carlos Casares, o Albergue de Peregrinos e a Via da Plata, as zonas verdes e IMG-20190526-WA0028Parques, o conxunto de Igrexas Románicas,  o Entroido de Xinzo e a Pantalla, o Rio Limia e a Festa do Esquecemento, o Hipódromo de Antela, o Mosteiro de Trandeiras, a Torre de Pena, as piscinas e o Pazo dos Deportes e o Campo da Moreira.

A iniciativa, na que a Concelleria ven  traballando nos últimos meses, completase cun mapa turístico cos puntos de interés mais salientables. E coa confeccion dun photocall de grandes dimensións para eventos e feiras e de varios “roll ups” para ser utilizados incluso por os colectivos municipais nos eventos e actuacións fora do Concello.

Con todo elo, preténdese dar unha imaxe global, actualizada e cun deseño moderno dos atractivos da Capital da Limia do Concello e mesmo da comarca, encargada a Empresa PlaB deseño Gráfico e supervisada pola propia Concelleria.

Esta campaña ven a reforzar  as actuacións que desenvolveu a Concelleria nos últimos anos percurando posicionar o Concello como destino turístico, Cultural e desportivo de referencia, xunto coa declaración de festa de Interese Internacional de Entroido, o Museo Galego do Entroido, a exposición sobre a figura de Carlos Casares ou a potenciación cara o vindeiro ano Santo 2021, da Via da Plata e do Albergue de Peregrinos. IMG-20190526-WA0027

Carlos Gomez,  Concelleiro de Cultura e Turismo, asegura que todo elo xunto cos investimentos da Xunta de Galicia para a humanización do Barrio de Abaixo cun Plan Uhrbe por 380.000€, os 225.000€ para  a accesibilidade da Torre de Pena,  o proxecto Limicorum co Campus de Ourense presentado o GDR Limia Arnoia para valorar e revalorizar o patrimonio arqueoloxico. Ou tamén a elaboración de doces típicos da Vila para o que existe un concurso en marcha,   sexan un complemento mais para o desenvolvemento do Concello e da Comarca, xeradores de recursos e actividade comercial da que se poidan beneficiar todos os veciños e veciñas.

Para visualizar o album completo prema aqui