A Concellería de Cultura manda retirar as”lonas” para que non haxa polémica política co Entroido

Non quere que haxa danos colaterais a outros establecementos

A Concellería de Cultura de Xinzo de Limia, despois da denuncia formulada por a Sra. Elvira Lama portavoz do Grupo Socialista, decidiu retirar as lonas que se colocaran en distintas rúas da vila con fotografías históricas do Entroido, cedidas pola Ass. A Pantalla e textos de Castelao, Carlos Casares, Otero Pedraio, Federico Cocho, Antón Riveiro ou María Campo entre outros autores, para poñer en valor a tradición do Entroido Limiao, despois da declaración honorífica como Festa de Interes Internacional. 

Unha boa iniciativa, non unha ocorrencia, semellante a de moitos concellos mesmo de distinto signo político, entre eles os de Allariz ou o de Monforte de Lemos.

A Concellería de Cultura, quere lamentar a demagoxia da Sr. Elvira Lama, a que non lle viña ben a congratulación dos veciños por a colocación destas fotografías no Entroido para as súas ambicións e obxectivos políticos, o que se pon de manifesto cando para a Sra. Lama non foron un problema nin lle preocupan outras lonas, placas rótulos, cableados ou sistemas de iluminación que pendulan ou permanecen atornilladas sobre as pedras dos mesmos edificios catalogados, que agora tanto lle preocupan.

O Concelleiro de cultura asume a responsabilidade derivada da urxencia da colocación das lonas para ser contempladas no Entroido a pesar do informe e autorización de Patrimonio que demanda a portavoz socialista. O Concelleiro considera que de ningún xeito se atentou contra o patrimonio con uns elementos removibles e de estética axeitada co entorno.

A Concellería pretende buscar solucións alternativas ainda que lamentablemente xa non estean para o Entroido, e que non desgusten a Sra. Lama, como o anclaxe na propia rúa, que en principio fora descartado por considerar mais seguro a suxeición vertical na fachada.  

A Concellería de Cultura tamén quere poñer en destaque a absoluta irresponsabilidade da denuncia da Sr. Lama, que podería sentar un precedente moi grave, e poderia supoñer unha revisión de patrimonio dos rótulos, toldos, sistema de iluminación, placas ou carteis de negocios, e mesmo a hipotética retirada dos mesmos coa posible incoación de expedientes sancionadores a os propietarios ou titulares dos mesmos. 

Precisamente, a retirada das lonas faise para evitar estes posibles danos colaterais que podería producir unha inspección pola denuncia da portavoz Socialista.

A Concellería de Cultura quere agradecer as empresas limiás que fixeron estes paneis a súa profesionalidade, gusto e implicación no traballo realizado. 

E, no cumprimento mais estrito da legalidade,  o Concelleiro de Cultura manifesta o seu compromiso coas empresas locais, independentemente de outras consideracións mezquinas e malintencionadas, insinuadas pola Sra. Lama, por as que ela considera deberían ser excluídas as empresas locais, moitas empresas e grandes profesionais cos que traballa o Concello e a Concellería de Cultura, que non vou enumerar  para non sacarlle los colores a Sra. Lama.

Tamén queremos agradecer a os propietarios e titulares dos edificios nas que se colocaron as fotografías, a súa autorización, e mesmo a aqueles que nos manifestaron que as deixaramos postas independentemente das consecuencias que lles puidera acarrear.